BASES CONCURSO DISFRACES ENTROIDO 2017

BASES CONCURSO DISFRACES ENTROIDO 2017
Publícanse as Bases para o concurso de disfraces para o "Entroido 2017".
PREMIOS  para infantil, adultos e comparsas/charangas.

PREMIOS E FIXOS

INFANTIL: 50,00 € individual, 75,00 € parella, 150,00 € grupo.

ADULTOS: 100,00 € individual, 150,00 € parella, 300,00 € grupo.

50,00 € Choqueiro (ACLARACIÓN: requisitos desta categoría detallado nas bases).

FIXOS

100,00 € Comparsa/Charanga, que constará dun mínimo de 16 persoas terá que traer coplas de Entroido ou carroza, para aquelas nas que a maior parte da poboación sexa de fora do concello.

110,00 Comparsa/Charanga, que constará dun mínimo de 16 persoas terá que traer coplas de Entroido ou carroza, para aquelas nas que a maior parte da poboación sexa do concello.


Convocatoria selección dous canteiros como funcionarios interinos

Convocatoria selección dous canteiros como funcionarios interinos
20.01.2017Bases
20.01.2017Anuncio
20.01.2017Solicitude

No caso de solicitudes de participación presentadas en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de  procedemento administrativo común das Administracións Públicas ou nas oficinas de correos deberá remitirse vía "fax” ao Concello (986.76.01.30 ou 986.75.32.01) unha copia da solicitude de participación no Rexistro correspondente dentro do prazo de presentación de instancias.

Resultado entrevista posto Xerente GDR-15

Resultado entrevista posto Xerente GDR-15

Apertura Curso Monitor Futbol Bases

Apertura Curso Monitor Futbol Bases
O Xoves 19.01.2017 terá lugar a apertura do Curso de Monitor de Fútbol Base na Sala Multiúsos do Edificio do Concello de Cerdedo-Cotobade, sito no lugar da Chan, Carballedo, ás 19:30 horas.

O acto contará coa presenza de D. Jorge Cubela López, Presidente do Concello de Cerdedo-Cotobade, D. Bruno Portela Leiro, membro da Comisión Xestora do Concello de Cerdedo-Cotobade, o director da escola D. Manuel Mosquera e o xefe de estudos, D. David Sierra.
 


Convocatoria entrevista persoal aspirantes posto Xerente GDR-15

Convocatoria entrevista persoal aspirantes posto Xerente GDR-15

CURSO FEDERATIVO de “MONITOR DE FÚTBOL BASE”

CURSO FEDERATIVO de “MONITOR DE FÚTBOL BASE”
A Federación Gallega de Fútbol, de ámbito Autonómico, coa autorización  da RFEF, a través de la Escola Nacional de Entrenadores convoca o Curso Federativo de "MONITOR DE FÚTBOL BASE”.

Datas: de xaneiro a marzo de 2017.

Prezo: 150€

Lugar: SALA MULTIUSOS DO EDIFICIO DO CONCELLO DE CERCEDO-COTOBADE, situado en lugar de A
Chan en Carballedo, e a parte práctica no Campo Municipal de As Estremas.

 
Ampliouse o prazo de matrícula ata o día 19 de xaneiro puidéndose formalizar a mesma no seguinte enlace

TARXETA BENVIDA

TARXETA BENVIDA
O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que se abriu o prazo para a concesión dunha axuda económica, a través da Tarxeta de Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2017. Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1200€ a razón de 100€/mes durante o primeiro ano da vida do fillo ou filla. 
Para maior información pódese poñer en contacto cos Servizos Sociais de Cerdedo-Cotobade.



Listaxe definitivo admitidos para os postos de técnico e Administrativo do equipo xestor do GDR-15

Listaxe definitivo admitidos para os postos de técnico e Administrativo do equipo xestor do GDR-15

Listaxe coa puntuación da proba escrita do posto de xerente do equipo xestor do GDR-15

Listaxe coa puntuación da proba escrita do posto de xerente do equipo xestor do GDR-15

PROGRAMACIÓN NADAL

PROGRAMACIÓN NADAL
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA ESTE NADAL!!

- 23 de decembro: CARREIRA POPULAR ás 17:30 horas.
                              PANXOLIÑAS DE NADAL ás 20:00 horas.

- 29 de decembro: "O APALPADOR" ás 12:00 horas.

- 30 de decembro: CANTADAS DE NADAL ás 20:00 horas.

- 31 de decembro: FESTA DE NADAL dende ás 10:00 horas.

- 05 de xaneiro: VISITA DOS REIS dende as 10:30 horas.

- 07 de xaneiro: CERTAME DE CANTARES DE REIS dende as 19:00 horas.


Lista definitiva Contratación Xerente GDR-15

Lista definitiva Contratación Xerente GDR-15

Aberto o prazo de PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL

Aberto o prazo de PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL
Aberto o prazo para presentar as solicitudes para o programa de:
"TERMALISMO SOCIAL"(Balnearios)

Dirixido a PENSIONISTAS DA SEGURIDADE SOCIAL( xubilación, invalidez...).

PRAZOS:

- Ata o 13 de xaneiro: para a quenda correspondente dende Febreiro ata Agosto (ambos inclusive).
- Ata o 12 de maio: para a quenda correspondente dende Setembro ata Decembro (ambos inclusive).

INSCRICIÓN:

Departamento de Servizos Sociais do concello.


Lista Provisional de Admitidos e excluídos no proceso de selección do equipo xestor do GDR-15

Lista Provisional de Admitidos e excluídos no proceso de selección do equipo xestor do GDR-15

Poderán presentarse reclamacións ou corrección de erros  no prazo de dous días hábiles dende a publicación

Bando POLOS BOS TRATOS

Bando POLOS BOS TRATOS
O Concello de Cerdedo-Cotobade, en colaboración coa Deputación de Pontevedra organiza dúas charlas-coloquio sobre prevención e actuación contra a violencia de xénero "POLOS BOS TRATOS", impartidas por Olalla Rodríguez Giráldez, profesional da Psicoloxía.

A violencia de xénero é unha violencia social estrutural, que segue asentada na actualidade e que se pode ver plasmada en diversos situacións. A violencia fisica contra as mulleres é a máis salientable, pero tamén existe noutros ámbitos; como por exemplo, a desigualdade salarial, agresións sexuais ou agresións psicolóxicas.

Mediante estas charlas, preténdese achegar á poboación a gravidade da situación que existe hoxe en día, e sensibilizar da necesidade de participación de toda a comunidade para loitar contra esta problemática; expoñendo diversas alternativas e medios de prevención e actuación.

DATA E LUGAR DO TALLER:

Estas charlas-coloquio celebraranse o día 26 de Novembro en:
  • Casa do Concello de Carballedo en horario de 17:30 a 19:00 h
  • Casa do Pobo de Tenorio en horario de 19:30 a 21 :00 h


Bando


 

Nº de resultados:
90
Mostrar